Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/218-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: recuamento LMT BAL705, CS e substitución CT Falcoa.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 KV con condutor tipo RHZ en cinco actuacións. A primeira de 627 metros de lonxitude ten orixe na LMTS BAL705 e final na LMTS existente BAL7050010. A segunda é de 15 metros de lonxitude, con orixe na LMTS existente BAL7050002 e final no centro de transformación (CT) Falcoa proxectado. A terceira actuación é de 25 metros de lonxitude, con orixe no CT Falcao proxectado e final no centro de seccionamento (CS) proxectado. A cuarta é de 280 metros de lonxitude, con orixe no CS proxectado e final na LMTS existente BAL7050010. A quinta actuación é de 320 metros lonxitude, con orixe no CS proxectado e final na LMTA existente BAL7050011.

– Centro de transformación compacto, telecontrolado, a 400 kVA, con RT 15kV/400V.

– Centro de seccionamento 3L, 2 telecontroladas.

– Retensado dun van de 138 metros, contiguo ao apoio proxectado C-18/9000 fin de liña.

– As instalacións están situadas nos camiños da Pousa, Fondo, Falcoa e Centieira, na parroquia de Sárdoma, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/218-4.

Denominación: recuamento LMT BAL705, CS e substitución CT Falcoa.

Concello: Vigo.

Cultivo

Referencia catastral

Titulares

CT e CS

Afeccións

ml sub.

m² aér.

m² sub.

1

Urbana

3130803NG2733S0001SG

Francisco Javier e José Antonio González Magdalena

CT

16,81

3,66

15,17

CS

14,03

3,7

15,45