Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do proxecto modificado da instalación eléctrica LMT Cambio de sección FRI808 e CT A Igrexa, no concello da Cañiza (expediente IN407A 2017/716-4 modificado).

O 20 de novembro de 2017, a empresa Unión Fenosa Distribución S.A., na actualidade UFD Distribución Electricidad S.A., solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT Cambio de sección FRI808 e CT A Igrexa.

O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 18 de decembro de 2017, publicada nos seguintes medios: Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2018, Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 15 de xaneiro, xornal Faro de Vigo do 24 de xaneiro, no Boletín Oficial del Estado do 26 de febreiro e no taboleiro de anuncios do Concello da Cañiza.

O 7 de xuño de 2018, esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2017/716-4).

Debido ás modificacións substanciais necesarias no proxecto inicial, UFD Distribución Electricidad, S.A. presenta un proxecto modificado.

Para os efectos previstos na Lei Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita o proxecto modificado da instalación eléctrica correspondente co expediente IN407A 2017/716-4, coas características que se describen:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: modificado da LMT Cambio de sección FRI808 e CT A Igrexa.

Situación: A Cañiza.

Características técnicas iniciais:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV en tres actuacións.

Primeira: 454 metros con condutor LA-56, con orixe no apoio metálico existente (AME) nº 0 na saída FRI808 e final en apoio metálico proxectado (AMP) nº 4.

Segunda: 535 metros con condutor LA-56, con orixe AMP nº 5 e final AME nº 9.

Terceira: 13 metros con condutor LA-30, desde o AMP nº 6 ata o AME 89-5-1 na saída FRI808.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ, de 486 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) proxectado no AMP nº 4 e final no PAS proxectado no AMP nº 5, unha vez entre e saia do centro de transformación.

Centro de transformación (CT) a 160 kV, con RT 20 kV/400 V, situado na Igrexa, Oroso, A Cañiza.

Descrición técnicas do modificado:

Liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor LA-56 en dúas actuacións. A primeira actuación de 213 metros de lonxitude, ten orixe no apoio C-2000/14 (punto 5) e final no apoio C-2000/18 (punto 6). A segunda de 136 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 (punto 18) e final no apoio existente AO0ETGB4//89-7.

Liña de media tensión subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 907 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 (punto 17) e final no apoio proxectado C-2000/14 (punto 18).

Características técnicas finais:

Liña de media tensión aérea a 20 kV en catro actuacións.

Primeira: de 454 metros de lonxitude con condutor LA-56, con orixe no apoio existente C-4500/18 (ANP2SAA//89) e final no apoio proxectado C-2000/12. Substitúense os apoios de formigón e proxéctanse catros apoios metálicos (un de tipo C-1000/12, dous de tipo C-1000/14 e un de tipo C-2000/12).

Segunda: de 213 metros de lonxitude con condutor LA-56, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio proxectado C-2000/18.

Terceira: de 13 metros de lonxitude con condutor LA-30, con orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio existente ANW0IQBQ//89-5-1.

Cuarta: de 486 metros de lonxitude con condutor LA-56, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio existente AO0ETGB4//89-7. Proxéctase dous apoios metálicos (un de tipo C-2000/14 e outro C-1000/14).

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, con condutor RHZ en dúas actuacións:

Primeira: de 486 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/12 e final no apoio proxectado C-2000/14, unha vez entre e saia do centro de transformación.

Segunda: de 907 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 e final no apoio proxectado C-2000/14.

Centro de transformación en envolvente prefabricado tipo 2L1P a 160 kV, con RT 20 kV/400 V, situado na Igrexa, Oroso, A Cañiza.

O modificado do proxecto non cambia a afección das parcelas xa expropiadas. As persoas afectas pola realización da obra no proxecto inicial seguen estando afectadas co mesmo alcance que o proxecto orixinal. Porén, coas modificacións proxectadas se afecta a maiores unha nova parcela. A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar debido ás modificacións figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2017/716-4 modificado.

Denominación: modificado da LMT Cambio de sección FRI808 e CT A Igrexa.

Situación: A Cañiza.

Parcela

Titular

Apoio

Afeccións

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

9

A da Grande

Agrario

36009B501000780000FX

Miguel Rodríguez Álvarez

17

16,16

6,6

20