Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44388

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2022 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Construccións Navais.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 23 de maio de 2022 (BOE do 2 de xuño), para a provisión da praza número 22/001 de catedrático de Universidade da área de coñecemento de Construccións Navais, departamento de Enxeñaría Naval e Industrial desta universidade, a favor de Luis Manuel Carral Couce, con DNI núm. ***5076** e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Manuel Carral Couce, catedrático de Universidade da área de coñecemento de Construccións Navais, departamento de Enxeñaría Naval e Industrial desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, a contar desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de agosto de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña