Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44319

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 4 de maio de 2022.

Antecedentes:

1. Mediante a Orde do 4 de maio de 2022 (DOG núm. 95, do 18 de maio) establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, leváronse a cabo os requirimentos de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria.

3. Rematado o prazo de emenda, a Comisión de Valoración, como órgano colexiado encargado de informar e valorar as solicitudes, emitiu a proposta de resolución de acordo cos criterios establecidos no artigo 15 da convocatoria.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística é o órgano competente para instruír o procedemento administrativo e correspóndelle ao seu titular formular o informe proposta das subvencións e a súa contía que, xunto co informe da Comisión, elevará á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen resolverá, por delegación do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, segundo o estipulado na disposición adicional da Orde do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro).

2. No artigo 18 das bases establécese que o prazo máximo para resolver a concesión de axudas non poderá exceder os cinco meses, contados a partir da publicación da orde de subvencións no Diario Oficial de Galicia (18 de maio de 2022).

De acordo co anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta secretaría

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.151A.470.1, que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar os títulos que se relacionan no anexo II polos motivos que aparecen citados na epígrafe correspondente.

Terceiro. De conformidade co artigo 4.2.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas aos beneficiarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de acordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 4 de maio de 2022, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Número de expediente

Solicitante

Título

Importe

2022/0002

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Grego

2.802,05 €

2022/0003

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Lingua Galega e Literatura 1º Bacharelato

3.163,48 €

2022/0004

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Filosofía 1º Bacharelato

2.723,46 €

2022/0005

Editorial Vicens Vives, S.A.

Xeografía e Historia 1º ESO-Comunidade en Rede

2.896,33 €

2022/0006

Editorial Vicens Vives, S.A.

Bioloxía e Xeoloxía 1-Comunidade

2.597,75 €

2022/0007

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Lingua 1 Educación Primaria. Proxecto Tecelingua

2.817,75 €

2022/0008

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Textos 1 Educación Primaria. Proxecto Comprendetextos.

2.754,89 €

2022/0009

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Lingua 2 Educación Primaria. Proxecto Tecelingua.

2.503,46 €

2022/0010

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Textos 2 Educación Primaria. Proxecto Comprendetextos.

2.582,03 €

2022/0011

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Lingua 3. Educación Primaria. Proxecto Tecelingua

2.739,18 €

2022/0012

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Lingua 5. Educación Primaria. Proxecto Tecelingua

2.849,18 €

2022/0013

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Lingua e literatura 1.

3.116,33 €

2022/0014

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Lingua e literatura 3.

3.116,33 €

2022/0015

Edicións Xerais de Galicia, S.L.

Lingua e literatura 1. Bacharelato

3.116,33 €

2022/0016

Xerme Edicións, S.L.

Lingua Galega e Literatura 5 EP (GAL)

2.566,32 €

2022/0017

Xerme Edicións, S.L.

Lingua Galega e Literatura 1 EP (GAL)

2.503,46 €

2022/0018

Xerme Edicións, S.L.

Lingua Galega e Literatura 3 EP (GAL)

2.629,18 €

2022/0019

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias da Natureza 3 Educación Primaria

2.534,89 €

2022/0020

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias da Natureza 5 Educación Primaria

2.503,46 €

2022/0021

Grupo Anaya, S.A.

Música 3 Educación Primaria

2.377,74 €

2022/0022

Grupo Anaya, S.A.

Relixión Católica 3 Educación Primaria

2.377,74 €

2022/0023

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 5 Educación Primaria

2.676,32 €

2022/0024

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias Sociais 5 Educación Primaria

2.676,32 €

2022/0025

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias Sociais 3 Educación Primaria

2.472,03 €

2022/0026

Grupo Anaya, S.A.

Lingua Galega e Literatura 1 ESO

3.132,04 €

2022/0027

Grupo Anaya, S.A.

Lingua Galega e Literatura 3 ESO

3.132,04 €

2022/0028

Grupo Anaya, S.A.

Bioloxía e Xeoloxía 1 ESO

2.927,75 €

2022/0029

Grupo Anaya, S.A.

Bioloxía e Xeoloxía 3 ESO

3.069,19 €

2022/0030

Grupo Anaya, S.A.

Xeografía e Historia 1 ESO

3.163,47 €

2022/0031

Grupo Anaya, S.A.

Xeografía e Historia 3 ESO

3.006,33 €

2022/0032

Grupo Anaya, S.A.

Lingua Galega e Literatura 1 Bacharelato

3.163,47 €

2022/0033

Grupo Anaya, S.A.

Educación en valores cívicos e éticos 3 ESO

2.660,61 €

2022/0034

Grupo Anaya, S.A.

Matemáticas 1 Bacharelato

2.644,89 €

2022/0035

Grupo Anaya, S.A.

Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais 1 Bacharelato

2.613,46 €

2022/0036

Grupo Anaya, S.A.

Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais 1 Bacharelato

2.676,32 €

2022/0037

Grupo Anaya, S.A.

Física e Química 1 Bacharelato

2.676,32 €

2022/0038

Grupo Anaya, S.A.

Historia do Mundo Contemporáneo 1 Bacharelato

2.660,61 €

2022/0039

Grupo Anaya, S.A.

Filosofía 1 Bacharelato

2.660,61 €

2022/0041

Grupo Anaya, S.A.

Plástica 1 Educación Primaria

2.079,17 €

2022/0042

Grupo Anaya, S.A.

Plástica 2 Educación Primaria

2.110,59 €

2022/0043

Grupo Anaya, S.A.

Plástica 3 Educación Primaria

2.079,17 €

2022/0044

Grupo Anaya, S.A.

Plástica 5 Educación Primaria

2.079,17 €

2022/0045

Grupo Anaya, S.A.

O libro Feliz 1 Educación Primaria

2.094,88 €

2022/0046

Grupo Anaya, S.A.

O libro Feroz 2 Educación Primaria

2.000,59 €

2022/0047

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 1 Educación Primaria

2.440,60 €

2022/0048

Grupo Anaya, S.A.

Escribo ben. 2022-1 Educación Primaria

1.686,30 €

2022/0049

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 2 Educación Primaria

2.472,03 €

2022/0051

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias da Natureza 1 Educación Primaria

2.409,17 €

2022/0052

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias da Natureza 2 Educación Primaria

2.252,03 €

2022/0053

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias Sociais 1 Educación Primaria

2.409,17 €

2022/0054

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias Sociais 2 Educación Primaria

2.409,17 €

2022/0055

Grupo Anaya, S.A.

Música 1 Educación Primaria

2.220,60 €

2022/0056

Grupo Anaya, S.A.

Música 2 Educación Primaria

2.189,17 €

2022/0057

Grupo Anaya, S.A.

Relixión Católica 1 Educación Primaria

2.330,60 €

2022/0058

Grupo Anaya, S.A.

Relixión Católica 2 Educación Primaria

2.346,31 €

2022/0059

Grupo Anaya, S.A.

Imos con todo 1 EP. Primeiro trimestre.

2.472,03 €

2022/0062

Grupo Anaya, S.A.

Imos con todo 2 EP. Primeiro trimestre.

2.597,75 €

2022/0065

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 3 Educación Primaria

2.534,89 €

2022/0066

Grupo Anaya, S.A.

Relixión Católica 5 Educación Primaria

2.330,60 €

2022/0069

Ediciones Obradoiro, S.L.

Lingua 1 Educación Primaria (vol. I+ vol. II)

2.173,45 €

2022/0070

Ediciones Obradoiro, S.L.

Ciencias da Natureza 1 Educación Primaria

2.173,45 €

2022/0071

Ediciones Obradoiro, S.L.

Ciencias Sociais 1 Educación Primaria

2.597,75 €

2022/0072

Ediciones Obradoiro, S.L.

Lingua 3 Educación Primaria

2.377,74 €

2022/0073

Ediciones Obradoiro, S.L.

Lingua + 3 Educación Primaria

2.487,75 €

2022/0074

Ediciones Obradoiro, S.L.

Lingua + 5 Educación Primaria

2.597,75 €

2022/0075

Ediciones Obradoiro, S.L.

Lingua 5 Educación Primaria

2.503,46 €

2022/0076

Ediciones Obradoiro, S.L.

Cinco en raia 1 Educación Primaria

2.173,45 €

2022/0077

Ediciones Obradoiro, S.L.

Lingua e Literatura 1º ESO

3.132,04 €

2022/0078

Ediciones Obradoiro, S.L.

Lingua e Literatura 3º ESO

3.132,04 €

2022/0079

Editorial Luis Vives

Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO Proxecto Fanfest

2.770,61 €

2022/0080

Editorial Luis Vives

Saboreando as palabras 5º Educación Primaria-Proxecto Fanfest

1.843,45 €

2022/0081

Editorial Luis Vives

Saboreando as palabras 3º Educación Primaria-Proxecto Fanfest

1.796,30 €

2022/0082

Editorial Luis Vives

Lingua Galega e Literatura 5º Educación Primaria-Proxecto Fanfest

2.676,32 €

2022/0083

Editorial Luis Vives

Lingua Galega e Literatura 3º Educación Primaria-Proxecto Fanfest

2.472,03 €

2022/0084

Editorial Luis Vives

Lingua Galega e Literatura 1º Educación Primaria-Proxecto Fanfest

2.550,60 €

2022/0085

Editorial Luis Vives

Saboreando as palabras 1º Educación Primaria-Proxecto Fanfest

1.890,59 €

2022/0087

Edebé Educación, S.L.

Lingua 1 Bacharelato

3.132,04 €

2022/0088

Edebé Educación, S.L.

Filosofía 1 Bacharelato

2.692,04 €

ANEXO II

Número de expediente

Solicitante

Título

Motivo de denegación

2022/0001

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Historia da Arte a través das súas obras 2º Bacharelato

Artigo 15.1.a).2º 2 parágrafo

2022/0040

Grupo Anaya, S.A.

Revista. Ciencias Sociais 2 Educación Primaria

Artigo 15.1.a).2º 2 parágrafo

2022/0050

Grupo Anaya, S.A.

Leo e comprendo. 2022-2 Educación Primaria

Artigo 15.1.a).2º 2 parágrafo

2022/0060

Grupo Anaya, S.A.

Imos con todo 1 EP. Segundo trimestre.

Artigo 8.2. Valórase conxuntamente co expediente 59

2022/0061

Grupo Anaya, S.A.

Imos con todo 1 EP. Terceiro trimestre.

Artigo 8.2. Valórase conxuntamente co expediente 59

2022/0063

Grupo Anaya, S.A.

Imos con todo 2 EP. Segundo trimestre.

Artigo 8.2. Valórase conxuntamente co expediente 62

2022/0064

Grupo Anaya, S.A.

Imos con todo 2 EP. Terceiro trimestre.

Artigo 8.2. Valórase conxuntamente co expediente 62

2022/0067

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias Sociais 3 Educación Primaria

Renuncia

2022/0068

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias Sociais 3Educación Primaria

Renuncia

2022/0086

Iván Alejandro Montes Martínez

Pless

Artigo 15 penúltimo parágrafo. Non acadar a puntuación mínima