Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2022/060-1).

Expediente: IN407A 2022/060-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT, Abanqueiro.

Concello: Boiro.

1. Características técnicas:

Retensado LMTA BOI-802, a 20 kV de 126 m, con orixe no apoio existente PIBNF4B//30-15, condutor tipo LAC-28 mm2 Al (existente), e final no apoio proxectado tipo C-3000/14, coa instalación dun interruptor telecontrolado no citado apoio.

LMTS, a 20 kV, de 321 m, con orixe no PA/S que se vai realizar no apoio proxectado tipo C-3000/14, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, e final no CT proxectado. Esta liña tamén alimentará o CT Praia de Mañóns (15CBKX). O entroncamento coa liña de media tensión BOI802 realizarase mediante PA/S no apoio proxectado que substitúe o apoio existente con matrícula 9 PKXGJAI//30-16, desmontando o último van que chega ao CT actual de Abanqueiro.

Novo CT Abanqueiro prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V e configuración 2L+1P. Desmantelamento do último van que chega ao CT existente de Abanqueiro (15AAH5, IN407A 2016/677-1-RALI) e desmantelamento do citado CT instalado sobre dous apoios de formigón.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 14 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/060-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT, RBT Abanqueiro.

Concello: Boiro.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Nº de predio

Lugar/Datos catastrais

Cultivo

Propietarios/as

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº/CT

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Abanqueiro

2308735NH1220N0001YX

Urbana

María Cecilia Caamaño Sánchez

Centro transformación + acceso

19.91

2

Agra de Chancelas

15011A00200379

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño

María Manuela Hermo Suárez

1

2.0

3.0

9.0