Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do estudo de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñación de nave almacén e urbanización no ámbito do ETD-6.

Por Resolución desta alcaldía, do 2 de agosto de 2022, aprobouse inicialmente a modificación do estudo de detalle para ordenación de volumes e fixación de aliñacións de nave almacén e urbanización no ámbito do ETD-6 segundo as determinacións da redelimitación do estudo de detalle para ordenación de volumes e fixación de aliñacións de nave almacén e urbanización no ámbito do ETD-6, presentado Juan Mariño González e/n Inmobiliaria La Guardia, S.A. e redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Ángel Colsa Lloreda, asinado en decembro de 2021.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; poderán presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (http://sede.vilagarcia.gal).

Vilagarcía de Arousa, 3 de agosto de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde