Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44281

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo) no ámbito dos quinteiros 1 e 2.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de xullo de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo) nos quinteiros 1 e 2, segundo o proxecto presentado por Santiago Sur Galicia, S.L. o día 31 de maio de 2022, elaborado polo arquitecto Fernando Arteaga.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir a modificación do plan parcial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación do plan parcial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2022

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica