Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Nestlé España, S.A. para unha planta de produtos lácteos en Pontecesures (Pontevedra) (expediente 2020-IPPC-M-34).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisión industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, de 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Modificación substancial AAI. Planta de tratamento e transformación de leite Nestlé España, S.A.

– Modificación substancial. Anexo II. Documento ambiental.

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderán consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-34.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0075_NAA/IPPC_037.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.c), do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Nestlé España, S.A.

NIF: A08005449.

Localización da instalación: A Cova, nº 4, 36649 Pontecesures (Pontevedra).

Referencia catastral da parcela: 8400012NH2380S0001HW.

Actividade principal: tratamento e transformación de leite.

Descrición: a planta de Nestlé España, S.A. ten por actividade principal o tratamento e a transformación de leite. As instalacións ocupan unha parcela de aproximadamente 38.912 m2 no concello de Pontecesures (Pontevedra).

A actividade produtiva desenvolvida nestas instalacións é fundamentalmente un pretratamento do leite cru, someténdoo a un tratamento térmico, desnatado e adición de azucre e condensación ata quedar practicamente saturado en azucre.

Para a realización do proceso dispón, de forma moi xeral, das seguintes instalacións:

– Sala de recepción e almacenamento de leite.

– Evaporador e sala de condensación.

– Sala de tanques, sala de enchedura, nave de embalaxe.

– Depuradora de augas residuais.

– Sala de caldeiras, balsa de auga xeada e sala de frío.

– Almacén de materias primas e produto terminado, almacén de produtos químicos, entre outros.