Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Sele I e Sele II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Sele I e Sele II e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 30 de xuño de 2022, Manuel Andrés Deán Vidal solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Sele I e Sele II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de José Manuel Deán Canive (***5468**), das concesións administrativas e dos establecementos que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sele I.

Situación:

Cuadrícula nº: 11.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.10.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Andrés Deán Vidal (***4174**).

Novo titular: José Manuel Deán Canive (***5468**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sele II.

Situación:

Cuadrícula nº: 2.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 30.10.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Andrés Deán Vidal (***4174**).

Novo titular: José Manuel Deán Canive (***5468**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

– Documento notarial da transmisión ou doazón.

– Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de xullo de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña