Expediente: IN407A 2022/088-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CTI, RBT lugar Castro, s/n.
Concello: Mazaricos.
1. Características técnicas:
– LMTA, a 20 kV, cunha lonxitude de 194 m, con orixe en apoio proxectado tipo C-14/3000, onde se instalará o CTI proxectado, da LMT POT-803, condutor tipo LA-56, e final en apoio proxectado tipo C-20/2000. Estes dous apoios substitúen dous existentes por mal estado. Este tramo substitúe o anterior instalado entre os apoios existentes que tamén se van substituír.
– Aumento de potencia do CTI Castro (15XB21, IN407A 2016/693-1- RALI), de 100 a 160 kVA de potencia e unha relación de transformación de 20.000/400 V, alimentado pola LMTA POT-803 a 20 kV. Substitución de toda a aparellaxe de media e baixa tensión.
2. Lexislación de aplicación:
I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 14 de xullo de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados
Expediente: IN407A 2022/088-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CTI, RBT lugar Castro, s/n.
Concello: Mazaricos.
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².
Nº de predio |
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Propietarios/as |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
|||||
Pol. |
Parc. |
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
1 |
503 |
3009 |
Certañas |
Rústico, agrario, prados ou praderías |
Hros. de Manuel Rodríguez Riveiro |
CTI-nº 2 C 14/3000 |
2,0 |