Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 44056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2021/130-1, no concello de Teo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC, RBT Calo, no concello de Teo (expediente IN407A 2021/130-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 1 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/130-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CTC, RBT Calo.

Concello: Teo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Casalonga

Herdeiros de Amador Silva Costoya

1.7.2022