Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 43835

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas a asociacións e fundacións de Galicia, ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 14 de decembro) pola que esta consellería fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975L).

Mediante a Orde do 13 de decembro de 2021 (DOG nº 238, do 14 de decembro) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975L).

Segundo o establecido no artigo 16.4 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, e expresarán a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas, que se relacionan nas táboas que se xuntan, como anexo I (beneficiarios) e anexo II (non beneficiarios), financiadas con cargo á aplicación 08.02.541D.781.0, liñas 1 e 2, relativa a asociacións e fundacións de Galicia, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 13 de decembro de 2021 (DOG nº 238, do 14 de decembro) pola que a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975L).

b) Aplicación orzamentaria: 08.02.541D.781.0, código de proxecto 2022 00036, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023.

c) Finalidade da axuda: o financiamento de actuacións de preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente.

d) Destinatarios: as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que sexa a súa forma xurídica, que, cumprindo o establecido neste artigo, desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Porcentaxe de financiamento e concorrencia con outras subvencións: as axudas obxecto desta orde estarán confinanciadas, nun 60 % do custo total do proxecto para a liña 1 e do 45 % do custo total do proxecto para a liña 2, cun límite para a liña 1 de 80.000 €, polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

As axudas da liña 1 que se concedan ao abeiro desta orde terán a consideración de axudas de minimis e réxense polo establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. A axuda total concedida baixo este concepto de minimis por calquera Administración pública a un mesmo beneficiario non poderá exceder os 200.000,00 euros nun período de tres exercicios fiscais. No sector do transporte por estrada este importe non será superior a 100.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que o importe total das axudas percibidas para os mesmos gastos non supere, illadamente ou en conxunto con outras, o custo elixible do proxecto.

f) Período subvencionable e prazo de execución: o período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de novembro de 2023, ambos incluídos, ben que condicionado ao exercicio orzamentario a que se queira imputar e tendo en conta as datas límite para a súa xustificación, segundo o sinalado no artigo 21 da convocatoria.

g) Xustificación das subvencións: os beneficiarios das axudas quedan obrigados a acreditar, no prazo máximo a que se refire o artigo 21 das bases reguladoras (30 de novembro de 2022, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2022, e 30 de novembro de 2023 para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023), a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, o beneficiario deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do importe concedido; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, por tanto, determinarase a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.

A xustificación terá que axustarse ao sinalado nos artigos 22 e 23 da Orde do 13 de decembro de 2021 (DOG núm. 238, do 14 de decembro).

h) Requisitos que se deben observar: segundo o regulado no artigo 4, número 4, da convocatoria, sen prexuízo do que resulte de aplicación segundo o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación e, se é o caso, respecto de contrato menor con adxudicación directa, no caso desta última o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

i) Aceptación e renuncia das subvencións: transcorridos 10 días hábiles desde a súa notificación sen que a entidade beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución, que se notificará ao interesado por medios electrónicos.

j) Pagamento da axuda e posibilidade de solicitar anticipo: de conformidade co preceptuado no artigo 24 da convocatoria, o pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nas bases reguladoras.

Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria. As entidades beneficiarias que queiran acollerse á modalidade de pagamento anticipado deberán manifestalo expresamente no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo V.

Para a concesión do anticipo as persoas beneficiarias deberán presentar o xustificante orixinal do depósito da garantía na Caixa Xeral de Depósitos ou a copia da garantía ou aval bancario. A constitución, con carácter previo ao pagamento, dunha garantía nos termos previstos no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberá estar á disposición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e cubrir o 110 % da cantidade que se vai aboar.

De non presentar a solicitude de pagamento anticipado, enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso, o pagamento das axudas levarase a cabo unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo 23 das bases reguladoras.

k) Modificación da resolución: toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os límites e os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Recursos: as resolucións ditadas ao abeiro das bases reguladoras porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala directamente diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución é expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
P.D. (Resolución do 29 de xullo de 2022)
María del Mar Ferreiro Broz
Subdirectora xeral de Coordinación Ambiental

ANEXO

Beneficiarios I

Nº expediente

Nome solicitante

Liña

Contía solicitada 2022

Financiamento 2022

Contía solicitada 2023

Financiamento 2023

Total proxecto

Total proxecto subvencionable

EEPP-005-2022-RES

Inst. Benéfico Social Padre Rubinos

1

27.531,26 €

5.506,25 €

25.051,27 €

5.010,26 €

52.582,53 €

10.516,51 €

ANEXO

Non beneficiarios II

Nº expediente

Nome solicitante

Motivo

EEPP-001-2022-RES

Galicia Rural Women

Non ter emendado en tempo e forma debida o que se lle requiriu