Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 8 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cedeira (expediente-e IN407A 2022/045-1).

Expediente-e: IN407A 2022/045-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Casal de María, contestación ao requirimento.

Concello: Cedeira.

1. Características técnicas:

LMTS a 20 kV, de 587 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 34-8 proxectado da LMT CDR806 (expediente 3266), no tramo entre a derivada no CT Viciñeira (expediente 3266) e a derivada ao CT Pasada (expediente 14.759) e remate no CTC proxectado.

– Retensado de LMTA a 20 kV, de 401 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 34-7 existente da LMT CDR806 (expediente 3266) e remate no apoio nº 34-10 existente da LMT CDR806 (expediente 3266). Substitución do apoio existente nº 34-8 tipo HV S-ALB1-CS por un novo apoio de tipo C-14/2000-H35-CA, en que se instalará un novo interruptor-seccionador TC.

– CT Casal de María compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Podrán examinar a documentación técnica e, se for o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 8 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/045-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Casal de María.

Concello: Cedeira.

Abreviacións:

ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Núm. de predio: 1.

Ref. catastral: polígono 501, parcela 6666.

Cultivo: labor.

Propietario: Vicente Calvo Loureiro.

Afección solo en pleno dominio.

Apoio 10 m2.

Afección solo por servidume de paso soterrada: 12 m2.

Núm. de predio: 2.

Ref. catastral: polígono 501, parcela 3037.

Cultivo: prado.

Propietario: descoñecido.

Afección solo en pleno dominio.

Centro transformación máis acceso, 27 m2.