Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43620

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 29 de xullo de 2022 pola que se publica unha convocatoria complementaria de axudas para a recualificación do Sistema universitario español para 2021-2023.

BDNS (Identif.): 641828.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/641828).

Primeiro. Modalidades

Axudas Margarita Salas para a formación de mozos doutoras e doutores.

Axudas María Zambrano para a atracción de talento internacional.

Segundo. Persoas beneficiarias

A. Axudas Margarita Salas para a formación de mozos doutoras e doutores.

Persoas con título de doutoramento obtido na Universidade de Vigo cun máximo de dous anos de antigüidade (salvo excepcións sinaladas) desde a súa obtención e o fin de prazo de presentación de solicitudes.

Persoas con título de doutoramento obtido en universidades privadas españolas co mesmo requisito de antigüidade que no anterior caso, interesadas en realizar unha estadía na Universidade de Vigo.

Persoas con nacionalidade española e título de doutoramento estranxeiro co mesmo requisito de antigüidade que nos anteriores casos, interesadas en realizar unha estadía na Universidade de Vigo.

C. Axudas María Zambrano para a atracción de talento internacional.

Persoal docente e investigador de nacionalidade española ou estranxeira cunha traxectoria posdoutoral acumulada non inferior a 24 meses en universidades ou centros de investigación españois ou situados fóra de España, diferentes ao da defensa da tese de doutoramento, que estean desenvolvendo proxectos de investigacion e/ou impartindo docencia en universidades, centros de investigación ou organismos situados fóra de España, que estea interesado en realizar unha estadía de dous anos de duración na Universidade de Vigo.

Terceiro. Obxecto

A. Axudas Margarita Salas para a formación de mozos doutoras e doutores.

O obxecto destas axudas é a formación de doutoras e doutores mozos mediante estadías de formación, que deberán ter unha duración ininterrompida de dous anos, e desenvolverse nunha universidade pública española ou ben en universidades e centros de investigación estranxeiros, así como en centros de investigación e organismos públicos de investigación españois, sempre que o segundo ano de estadía se realice nunha universidade pública española seleccionada polas persoas solicitantes.

C. Axudas María Zambrano para a atracción de talento internacional.

O obxecto destas axudas é a atracción á Universidade de Vigo de persoal docente e investigador con traxectoria posdoutoral que estea desenvolvendo proxectos de investigación en universidades ou centros situados fóra de España no momento de presentar a súa solicitude.

Cuarto. Bases reguladoras

Real decreto 289/2021, do 20 de abril, polo que se regula a concesión directa de subvencións a universidades públicas para a recualificación do Sistema universitario español do Ministerio de Universidades, e Orde UNI/551/2021, do 26 de maio, pola que se regula a concesión directa de subvencións a universidades públicas para a recualificación do Sistema universitario español.

Quinto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de setecentos cincuenta e cinco mil euros (755.000 €).

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día 22 de agosto ata o 12 de setembro de 2022.

Vigo, 29 de xullo de 2022

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6 de xullo)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo