Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43673

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 2 de agosto de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 18 de maio de 2022.

Mediante a Orde do 18 de maio de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 102, do 30 de maio, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Infraestruturas e Mobilidade que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 18 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 30 de maio).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Cuarto. O/a xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Apelidos e nome: Piñeiro Iglesias, María Isabel.

NRP: 3329758935 A2059.

Subgrupo: C2.

Denominación do posto de traballo: secretario/a do/da secretario/a xeral.

Código do posto de traballo: IV.C02.00.000.15770.002.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala:

2059-Corpo auxiliar da Admón. xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

2053-Corpo administrativo da Admón. xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Grupo: C1/C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.201,18 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).