Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43476

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 2 de agosto de 2022 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón no seu artigo 11.1 que o Xurado de Expropiación de Galicia é un órgano colexiado permanente da Comunidade Autónoma de Galicia especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a Administración expropiante sexa a Comunidade Autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial. O devandito precepto establece, entre outros aspectos, as funcións deste Xurado, que son desenvolvidas mediante o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e polo Regulamento de organización e réxime de funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, aprobado por medio do Decreto 172/2018, do 20 de decembro.

O artigo 7 do Decreto 172/2018, do 20 de decembro, establece, respecto da composición do Xurado, que os distintos organismos, entidades e colexios profesionais proporán, cada un deles, un representante que actuará como vogal titular. Así mesmo, queda prevista a designación, do mesmo xeito, dun vogal suplente que actuará en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que imposibilite a asistencia daquel titular.

Este mesmo artigo establece que as persoas titulares das vogalías previstas nas alíneas c), d), e) e f) serán substituídas nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade polos suplentes designados no momento do seu nomeamento.

Pola súa parte, o artigo 11 do referido decreto establece que, respecto das persoas titulares das vogalías previstas nas alíneas c), d), e) e f) do artigo 7, o mandato, tanto do titular como do suplente, será de catro anos, renovable por períodos de igual duración, que comezará a computarse dende o día seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Este mesmo artigo do citado regulamento establece que os vogais a que se refire o parágrafo anterior poderán ser substituídos polas entidades, organizacións e asociacións que os designasen, e que os así nomeados permanecerán no seu cargo, como máximo, polo tempo que lle restase ao substituído para cumprir o seu mandato.

En virtude das ordes do 10 de agosto de 2018, 11 de setembro de 2018, 30 de marzo de 2021 e 5 de maio de 2022 (publicadas no DOG nº 153 e 173 do ano 2018, nº 60 do ano 2021 e nº 87 do ano 2022), realizouse o nomeamento de vogais, titulares e suplentes, en representación de varios destes organismos e entidades. Esgotada a vixencia do seu mandato e despois de realizar os trámites formais de solicitude de designación aos organismos e entidades sinaladas no anteriormente mencionado artigo 7, estas achegaron a súa proposta, dado que os anteriores nomeamentos estaban xa vencidos.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear as persoas que se relacionan no anexo como vogais do Xurado de Expropiación de Galicia, por un período de catro anos.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Vogais do Xurado de Expropiación de Galicia, segundo o disposto no artigo 7 do Decreto 172/2018, do 20 de decembro.

– En representación da Consellería de Facenda:

Titular: Xan Xosé Castro Dapena.

Suplente: Jorge Fernández Fernández.

– En representación da Federación Galega de Municipios e Provincias:

Titular: César López Arribas.

Suplente: Miguel Fernández Solís.

– En representación do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

Titular: Rosa Rodríguez Vales-Villamarín.

Suplente: Yolanda Pérez Rivera.

– En representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia:

Titular: José Antonio Rivas Paz.

Suplente: Rogelio Villar Gantes.

– En representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia:

Titular: Manuel Aurelio Colmenero Guzmán.

Suplente: Rocío Lourenco Presa.

– En representación do Colexio Notarial de Galicia:

Titular: Manuel Remuñán López.

Suplente: Mª del Carmen Carreira Simón.

– En representación do Colexio de Economistas de Galicia:

Titular: Carlos Díaz Pérez.

Suplente: Manuel Ángel Ansede Sánchez.

– En representación do Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España:

Titular: Pedro Unzueta Martínez.

Suplente: Enrique García Tamargo.

– En representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia:

Titular: Eva María Filgueira García.

Suplente: Patricia López González.