Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de xullo de 2022, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias para vivendas de protección pública no concello de Vigo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de xullo de 2022

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 19.7.2022)
Ana Medal Fiel
Xefa da Sección de Persoal, Habilitación, Réxime Interior e Rexistros

ANEXO

Expediente: 2ª ADX VIGO 1/2D-2R.

Credencial: 95992.

DNI: 53186791G.

Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación.

Expediente: 2ª ADX VIGO 4D-3R.

Credencial: 91880.

NIE: Y6430213W.

Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación.

Expediente: 2ª ADX VIGO 4D-11R.

Credencial: 87624.

NIE: Y5815342J.

Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación.