Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43197

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 22 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidos por grandes empresas galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408D).

BDNS (Identif.): 642849.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as sociedades mercantís con domicilio social ou centro de actividade en Galicia, coa forma xurídica de Sociedade Limitada ou Sociedade Anónima que excedan a definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en territorio galego.

b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 40 % dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Que teñan sede social ou algún centro de actividade en Galicia.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento da contorna das empresas e os consumidores, e a modernización e desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 22 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidos por grandes empresas galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408D).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.741A.7706 e polos seguintes importes e distribución plurianual: 100.000 € con cargo ao ano 2022, 2.400.000 € con cargo ao ano 2023 e 2.500.000 € con cargo ao ano 2024.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2022

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica