As bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir, mediante concurso de méritos, un posto de funcionario/a de arquitecto/a técnico/a por provisión ou mobilidade interadministrativa do Concello de Gondomar, publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 128, do 6 de xullo de 2022:
• 1 posto de funcionario de arquitecto/a técnico/a, encadrado dentro da subescala técnica, clase media, da escala de Administración especial, pertencente ao grupo A, subgrupo A2, mediante concurso de méritos.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases de selección, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Gondomar, 6 de xullo de 2022
Juan F. Ferreira González
Alcalde