Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43229

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Zooloxía.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 23 de maio de 2022 (BOE do 2 de xuño), para a provisión da praza número 22/019 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Zooloxía, departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de María José Álvarez Bermúdez, con DNI núm. ***5012** e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María José Álvarez Bermúdez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de Zooloxía, departamento de Bioloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado (BOE), a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE de 2 de outubro).

A Coruña, 28 de xullo de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña