No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 124, do 1 de xullo de 2022, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza vacante de chofer condutor/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, en quenda de promoción interna, mediante concurso-oposición.
A presentación das solicitudes de participación realizarase no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Fene, 1 de xullo de 2022
Juventino José Trigo Rey
Alcalde