Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43029

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 27 de xullo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, polo que se dá publicidade da Resolución LD 4/2022, da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a da área funcional de coordinación de atención primaria e atención hospitalaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde; con base no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e na Orde do 29 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de supervisor/a da área funcional de coordinación de atención primaria e atención hospitalaria, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e dos méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo dos 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 27 de xullo de 2022

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a da área funcional de coordinación de atención primaria e atención hospitalaria.

Procedemento de provisión: libre designación.

Nº de vacantes totais: 1.