Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2013/00031 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións ditadas pola persoa titular da Xefatura Territorial no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito (PR212A).

O texto íntegro das resolucións que se notifican, xunto cos seus referidos expedientes, atópanse á disposición dos interesados na sede da Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida de La Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións notificadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Ourense, 21 de xullo de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

NIF/equivalente

Acto notificado

OU-2013/00031

34268987E

Resolución de cancelación

OU-2013/00031

33347937F

Resolución de cancelacion

OU-2022/00095

45162726H

Requirimento de documentacion

OU-2022/00095

AR339129

Requirimento de documentacion