Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución subsidiaria para a xestión da biomasa vexetal en parcelas de propietarios descoñecidos ou aos cales non se lles puido efectuar a notificación.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a notificación de execución subsidiaria dos expedientes relacionados na táboa por non proceder, logo de seren notificados, á xestión da biomasa segundo o establecido nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Referencia catastral

Expediente

Decreto

Liquidación provisional

Titular

36049A032007730000KD

2155/2021

2021-1134

5.328,235

Sequeiros Rodríguez, Ángel (herdeiros)

36049A021000370000KJ

1596/2022

2021-0869

4.930,15

Fernández Estévez, Óscar

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición destas nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, nº 12, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta Resolución 2022-0457, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a alcaldesa deste concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que o primeiro se resolva expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Salceda de Caselas, 14 de xullo de 2022

Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa