Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si mesmo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, nº 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para compareceren.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicada por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
A Coruña, 1 de xullo de 2022
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto |
2021/2040-1 |
47377336G |
Desestimación da reclamación |
2.5.2022 |
2021/3858-1 |
32942683J |
Desestimación da reclamación |
2.5.2022 |
2021/4789-1 |
33311073N |
Desestimación da reclamación |
30.4.2022 |
2021/5839-1 |
47354465H |
Desestimación da reclamación |
3.5.2022 |
2021/6168-1 |
32757828D |
Desestimación da reclamación |
6.5.2022 |