Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42770

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt), así como os ciclos formativos autorizados para o curso 2022/23.

Mediante a Resolución do 8 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2022/23 (DOG do 17 de xuño), regulouse o desenvolvemento de ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e estableceuse a convocatoria para as escolas de arte e superiores de deseño que desexen impartir estes ciclos plurilingües no curso 2022/23.

O punto décimo terceiro da antedita Resolución do 8 de xuño de 2022 establece que o director xeral de Formación Profesional ditará unha resolución que conterá a relación de escolas de arte e superiores de deseño e ciclos autorizados, e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt) no curso 2022/23, así como os ciclos formativos autorizados.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

José Luis Mira Lema
Director xeral de Formación Profesional

ANEXO

Escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt) no curso 2022/23 e ciclos formativos autorizados

Código

Escola de arte e superior de deseño

Código

Ciclo

Idioma

15005506

EASD Pablo Picasso

PS13003

Escultura Aplicada ao Espectáculo

(ciclo formativo de grao superior)

Inglés

PS12003

Ilustración

(ciclo formativo de grao superior)

Inglés

27006589

EASD Ramón Falcón

PM03002

Serigrafía artística

(ciclo formativo de grao medio)

Inglés