Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0337/2021-PRE.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0337/2021-PRE.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de xullo de 2022

A xefa territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 7.4.2022)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0337/2021-PRE

77000442F

Resolución recurso de alzada

Bouzabela, 87, Nigrán