Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42619

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 26 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/23, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR952A).

A Lei 3/2012, do deporte de Galicia, dedica o seu título II ás competencias das administracións públicas galegas en materia de deporte, establecendo no artigo 5 as competencias que lle corresponden á Administración autonómica, segundo o establecido no artigo 27.22 do Estatuto de autonomía de Galicia. No punto 1, alínea m), establécese a competencia da Administración autonómica do fomento e regulación do deporte e dos deportistas de alto nivel de Galicia, así como os seus beneficios.

En prol da definición da política deportiva autonómica, fixando as directrices e programas de fomento e desenvolvemento do deporte galego dos seus diferentes niveis, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, está a dotar o deporte de alta competición dos medios necesarios para a mellora do seu nivel técnico. Con este obxectivo establécense as bases reguladoras da concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD) para a tempada 2022/23, e se procede á súa convocatoria.

Para os efectos da presente resolución, o CGTD dispón das instalacións situadas na cidade de Pontevedra, na rúa Padre Fernando Olmedo 1 e o Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal (Pontevedra-Verducido), así como as relativas ao Centro Galego de Vela, situado na rampla de Cavadelo, s/n, na localidade de Vilagarcía de Arousa, todas elas clasificadas, xunto cos programas que nelas se desenvolven, polo Consello Superior de Deporte na Resolución do 27 de maio de 2014, publicada no BOE núm. 137, do 6 de xuño, como instalacións deportivas para o desenvolvemento do deporte de alto nivel e competición.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas polo Decreto 60/2022, do 15 de maio, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións comúns

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Establecer, mediante esta orde, as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de prazas para o CGTD, co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo (código de procedemento PR952A).

Artigo 2. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán ser presentadas polas federacións deportivas galegas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD das seguintes seccións: atletismo na especialidades de lanzamentos; bádminton; judo; karate; loita; natación pura e natación en augas abertas; natación artística; piragüismo en augas bravas (slálom); piragüismo en augas tranquilas; remo; taekwondo; tríatlon; vela e ximnasia acrobática, trampolín e artística. As federacións que conten cun grupo de tecnificación e/ou rendemento remitirán os/as deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 desta orde e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As solicitudes deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde, xunto co cal se achegará o resto da documentación solicitada segundo o disposto no artigo 7 (anexos II ao VI). O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, no enderezo https://deporte.xunta.gal

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das federacións presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, notificaráselle á federación para que, nun prazo de dez días, emende os erros ou presente os documentos preceptivos. Unha vez que transcorra o dito prazo sen que se produza a emenda, considerarase que desiste da súa petición.

5. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e o establecido para a súa emenda, publicarase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e no seu taboleiro de anuncios as listaxes provisionais de admitidos, excluídos, con indicación da causa que orixina esta situación, e desistidos.

6. A presentación da solicitude para participar nesta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases que a regulan.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das prazas para deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todas aquelas persoas deportistas que, no momento de presentación da solicitude por parte das correspondentes federacións deportivas, cumpran os requisitos que se detallan a continuación:

– Ter nacionalidade española.

– Estar en posesión da licenza deportiva, na modalidade para a que se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estivese integrada na federación española.

Poderase valorar, segundo informe técnico da Comisión de Selección e como caso excepcional, o incumprimento deste requisito unicamente nas prazas de rendemento.

– Para os grupos de tecnificación, deberase pertencer a un club deportivo galego ou sociedade anónima deportiva dada de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, así como estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

– As persoas deportistas beneficiarias de praza de tecnificación deberán ter promocionado de curso na convocatoria ordinaria de xuño 2022 (non se considera a promoción por imperativo legal). Excepcionalmente, poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo ou xogos olímpicos.

Para o caso de que, derivado da situación excepcional ocasionada polo coronavirus (COVID-19), non se poida acreditar este requisito, as persoas solicitantes quedarán exceptuadas de cumprilo.

Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas que concorren nalgunha das circunstancias establecidas a continuación:

– Non obter un «apto» na análise médica realizada polo equipo médico do CGTD previamente á formalización da matrícula.

– Ter un informe negativo da Dirección do CGTD e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da Comisión de Selección sobre o seu comportamento durante a súa estadía como bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante o curso inmediatamente anterior ao desta convocatoria.

– Ter sanción en firme por dopaxe.

– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE de 19 do febreiro de 1993).

– Ter sanción en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Artigo 4. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 5. Prazo de presentación

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. Para a valoración dos méritos, as federacións deportivas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

Documentación

Unidades

Anexo II: proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2022/23.

1

Anexo III: proposta de equipo técnico.

Documentación, a maiores do disposto no artigo 8, que deberá achegarse xunto co anexo III:

– Adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente (se é o caso).

– Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida ou ter ou ter tido a condición de DGAN.

– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.

1 por persoa

Anexo IV: adestrador responsable da sección deportiva:

– Declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade.

1

*Anexo V: adestrador responsable de grupo:

– Declaración de coñecemento das súas funcións.

1 por persoa

Anexo VI : valoración dos deportistas.

1 por persoa

* En caso de tratarse de adestradores de grupo

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas solicitantes, as federacións deportivas, presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa adestradora.

– Consulta de títulos oficiais universitarios da persoa adestradora.

– Consulta de títulos oficiais non universitarios da persoa adestradora.

– Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais da persoa adestradora.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– DNI ou NIE do/da presidente/a da Federación.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de residencia do/da deportista con data de última variación padroal.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Órgano instrutor

A instrución do procedemento para a concesión das prazas correspóndelle á Comisión de Selección.

Artigo 10. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección estará constituída por:

– Presidente: subdirector/a xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Vogal: director/a do CGTD.

– Vogal: subdirector/a do CGTD.

– Vogal: técnico da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Secretario: funcionario/a da Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As funcións da Comisión de Selección serán:

– Analizar a documentación presentada pola federación.

– Comprobar o cumprimento dos diferentes aspectos da convocatoria.

– Informar a federación dos aspectos que requiran ser modificados ou completados.

– Valoración e ratificación, se é o caso, dos informes emitidos pola Dirección do CGTD sobre a estadía como bolseiro, durante o curso escolar anterior a esta convocatoria, daqueles deportistas que soliciten a renovación da praza.

– Formular o informe-proposta de valoración que remitirá á persoa representante da Secretaría Xeral para o Deporte.

3. Finalizado o prazo para a presentación das solicitudes, a Comisión de Selección estudará a documentación presentada polas federacións deportivas (anexo II) e comprobará o cumprimento de todos os aspectos da convocatoria; a federación deportiva galega será a responsable da autenticidade dos datos presentados.

4. Unha vez valoradas as solicitudes por esta comisión, esta valoración será comunicada ás federacións deportivas e solicitantes indicando:

– Listaxe provisional de baremo.

– As federacións solicitantes.

– Os deportistas bolseiros.

– O réxime da praza concedida.

– Puntos concedidos.

– Curso académico.

– Nova solicitude ou renova praza.

5. A Comisión de Selección poderá modificar a orde da lista, eliminar algún dos candidatos presentados ou introducir algún deportista de acordo cos criterios de selección establecidos.

6. A Secretaría Xeral poderá solicitar todas as xustificacións que considere necesarias sobre a orde en que os deportistas son propostos pola federación, segundo o anexo VI, con base na puntuación outorgada pola respectiva federación deportiva tendo en conta o disposto no artigo 22.1.e) desta orde, ou sobre a ausencia dalgún destacado deportista na lista.

Artigo 11. Proposta de resolución

1. A persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, tendo en conta o informe da Comisión de Selección, formulará unha proposta de resolución baseada nas maiores puntuacións obtidas.

2. Esta proposta de resolución provisional exporase a información pública, na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, por un prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da data de publicación. Durante este prazo, os interesados poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados para a presentación de solicitudes.

3. Se algún dos candidatos propostos tiver a intención de non aceptar a adxudicación da praza, deberá comunicalo expresamente dentro do prazo de alegacións e proporase o seguinte con maior puntuación; ante o rexeitamento deste, ofreceráselle ao situado a continuación, e así sucesivamente ata a súa cobertura.

4. Logo de rematar o prazo de alegacións e examinadas estas, se as houber, formularase a proposta de resolución definitiva.

Artigo 12. Resolución

1. O prazo máximo para resolver a convocatoria será de tres meses, contados a partir da data límite para a presentación das solicitudes. De non se resolver neste prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas.

2. Baseándose na proposta de resolución definitiva, a persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ditará resolución pola que se adxudican as prazas de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/23. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, exporase na web institucional da Secretaría Xeral para o Deporte e notificaráselles ás correspondentes federacións deportivas, con indicación das federacións, os deportistas bolseiros e o réxime da praza concedida.

3. Notificada a resolución polo órgano concedente, a persoa beneficiaria disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

4. As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito polo/a interesado/a ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.

As baixas cubriranse, se así o considera oportuno a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, con deportistas pertencentes ás federacións en que se produzan as baixas e seguindo a lista de espera dos deportistas valorados e que non acadaron praza.

No caso do grupo de tecnificación, poderase ter en conta, por cuestións organizativas da residencia, que cumpran cos requisitos de curso e xénero do deportista que causou baixa, e que a organización da residencia permita.

5. A concesión e a percepción da praza non implica ningún tipo de relación laboral, ou de natureza similar, entre a Xunta de Galicia e as persoas beneficiarias.

6. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da praza e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 13. Obrigas do deportista bolseiro

A persoa deportista bolseira estará obrigada a:

– Cumprir o proxecto deportivo da súa federación.

– Realizar un número mínimo de adestramentos (75 %) no proxecto deportivo, segundo o Regulamento de réxime interno do CGTD.

– Adestrar co técnico que lle asigne a súa federación, ata a categoría Sub23 (incluída).

– Participar nas competicións autonómicas, nacionais ou internacionais que a federación ou técnico do CGTD considere, principalmente en representación de Galicia, agás causa debidamente xustificada.

– Someterse aos controis de dopaxe segundo a normativa en vigor.

– Pasar o control médico obrigatorio nos servizos médicos do CGTD.

– Formalizar o seu ingreso previamente á súa incorporación nas oficinas do CGTD.

– Cumprir a normativa contida no Regulamento de réxime interno do CGTD.

– Cumprir os requisitos establecidos no artigo 3 da convocatoria, para ser beneficiario, durante o tempo de duración da praza.

– Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Artigo 14. Obrigas das federacións deportivas solicitantes

1. As federacións quedarán obrigadas a publicar nas súas páxinas web esta convocatoria, así como unha relación dos deportistas que manifestaron o seu interese para seren incluídos no seu proxecto deportivo.

2. As federacións deportivas galegas, que se relacionan no artigo 2, deberán realizar un estudo previo de todos os deportistas recollidos no proxecto deportivo segundo o modelo do anexo II. O estudo realizarase sobre unha base dun proxecto deportivo integral, en que figuren un grupo de adestramento e unha cobertura técnica suficiente que garante a preparación dos deportistas.

3. No número 10 do índice do proxecto deportivo (anexo II), as federacións deberán incluír todos os deportistas que en tempo e forma solicitaron formar parte desta listaxe. Se algún dos deportistas non cumpre todos os requisitos establecidos no artigo 3 desta convocatoria, a federación deberá indicalo con claridade.

4. No caso dos deportistas propostos por primeira vez (nova admisión) para o grupo de tecnificación, as federacións deberán achegar copia do boletín de notas de xuño de 2022 ou ben un certificado de notas, que despois deben incorporar ao anexo VI de cada deportista.

Artigo 15. Doutras obrigas das federacións

1. As federacións disporán dun equipo técnico para o correcto desenvolvemento do proxecto deportivo presentado (anexo II), en todo caso atendendo ao establecido nesta convocatoria. A relación laboral entre os membros do equipo técnico e a federación deportiva de que dependen deberá axustarse en todo momento á lexislación laboral vixente. En ningún caso este persoal federativo gardará relación laboral ou de outro tipo coa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. O equipo técnico deberá cumprir o establecido na Lei 26/2015. do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE do 29 de xullo), e estará formado por:

• Un adestrador responsable da sección deportiva obrigatoriamente.

• Un substituto nomeado para cubrir as ausencias do responsable obrigatoriamente.

• Un ou varios adestrador/es responsable/s de grupo con carácter opcional.

3. O adestrador responsable da sección deportiva será a persoa con maior responsabilidade desa sección deportiva no CGTD e deberá cumprir os seguintes requisitos:

1. Titulación: licenciado ou grado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico deportivo superior, ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

2. Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida ou ter ou ter tido a condición de DGAN.

3. Non estar afectado por incompatibilidade.

4. Deberá estar presente nos adestramentos e facer cumprir o proxecto deportivo presentado polas federacións.

5. Deberá participar/asistir ás competicións onde participen os deportistas con praza no CGTD.

4. O adestrador de grupo terá a responsabilidade do seu grupo de adestramento e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico deportivo superior, ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Non estar afectado por incompatibilidade.

c) Deberá estar presente nos adestramentos do seu grupo, adestrando os deportistas, e cumprir o proxecto deportivo presentado polas federacións.

d) Deberá participar/asistir ás competicións onde participen os deportistas con praza no CGTD.

5. Os membros do equipo técnico non poderán adestrar outros deportistas no horario do grupo de adestramento do CGTD sen autorización da Secretaría Xeral para o Deporte.

6. As funcións dos adestradores serán as recollidas nos anexos IV e V da presente convocatoria.

Sen prexuízo do anteriormente dito, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá desestimar a proposta do responsable dos programas e/ou doutros membros do equipo técnico feita pola federación deportiva que solicita a autorización, fundamentando a súa decisión no incumprimento dalgún dos requisitos anteriores, ou ben por informe desfavorable por parte da Comisión de Selección, fundamentado por unha falta de compromiso co proxecto educativo do centro entre outras posibles causas.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Revogación

1. Dunha praza.

A praza concedida a un deportista poderá ser obxecto de expediente de perda de dereito ou de reintegro, ademais de polas causas establecidas na normativa reguladora das axudas, polas seguintes causas:

– Inadaptación ás normas de convivencia.

– Dar positivo nun control de dopaxe ou negarse a pasalo.

– Se o recoñecemento médico do CGTD conclúe que non é apto.

– Poderase cancelar a praza porque así o solicite o deportista ou os seus pais/titores legais, no caso de seren menores de idade, sempre que veña motivada por causas xustificables.

– Igualmente, poderase cancelar por motivos disciplinarios no caso de faltas moi graves segundo o Regulamento de réxime interno do centro.

2. Dun programa.

Os programas poderán ser revogados ao longo do curso por instancia do presidente da federación galega correspondente, co acordo da asemblea xeral da súa federación.

CAPÍTULO II

Prazas para as instalacións do CGTD situadas en Pontevedra

Artigo 18. Natureza das prazas

1. Grupo de tecnificación.

Poderán ser beneficiarias de prazas do grupo de tecnificación as persoas deportistas que cumpran de 14 a 17 anos no 2022 (nados nos anos 2008, 2007, 2006 e 2005). Excepcionalmente poderanse atender solicitudes que por razóns académicas non se axusten ao rango de idade sinalado: alumnos de altas capacidades que, previa autorización da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, cursen 3º de ESO con menos de 15 anos e alumnos de 2º de bacharelato que, por ter repetido algún curso, antes do seu ingreso no CGTD, superen os 18 anos.

– Praza de residente 1: deportistas que residan fóra do radio de 3 km á redonda do CGTD no momento da presentación da solicitude.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, aloxamento (de domingo a xoves) e manutención (de domingo a venres), servizo de lavandería, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

– Praza de externo 1: deportistas que residan dentro do radio de 3 km á redonda do CGTD no momento da presentación da solicitude.

Excepcionalmente, e previo informe xustificativo da federación correspondente, poderase acceder á praza de externo 1 aínda que se resida fóra do radio de 3 km á redonda do CGTD, cando se acredite de forma razoable o desprazamento da persoa deportista dende o seu domicilio familiar ás instalacións do CGTD con todas as garantías para non romper a dinámica de estudos e adestramentos.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

2. Grupo de rendemento.

Poderán ser beneficiarios de prazas do grupo de rendemento os deportistas de máis de 18 anos.

– Praza de residente 2: deportistas que cumpran de 18 a 25 anos no 2022 (nados do ano 2004 ao 1997) que residan fóra do radio de 3 km á redonda do CGTD no momento da presentación da solicitude.

Beneficios da praza: aloxamento (de luns a domingo) e manutención (de domingo a venres), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 2: deportistas que cumpran 18 anos no 2022 (nados do ano 2004 ou anteriores).

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Os deportistas galegos de alto nivel (DGAN/DGAR/DGRDB) que non sexan bolseiros en ningún dos puntos anteriores, poderán presentar unha solicitude directamente ao CGTD, no enderezo cgtd@xunta.gal, para o uso das instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia. Estás serán concedidas directamente pola dirección do centro, segundo a dispoñibilidade dos espazos, horarios e instalacións, e cumprindo as normas de funcionamento do centro.

Artigo 19. Número de prazas

Convócanse un máximo de 160 prazas.

• Grupo de tecnificación:

1. Ata un máximo de 105 prazas (ata un máximo de 87 residentes 1, o resto serán externos 1) para distribuír entre os cursos 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato tendo en conta unha distribución ponderada e o límite de alumnado por curso establecido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Ordenación Universitaria.

2. Reservaranse da cota das prazas de tecnificación, o 5 % das prazas ofertadas para persoas con discapacidade (4 prazas de residente e o resto de externos). No caso de non ser ocupadas pasarán a ser ocupadas pola cota ordinaria.

• Grupo de rendemento:

– Residente 2, ata un máximo de 12 prazas (non podendo ser máis de 7 do mesmo sexo e como máximo 4 da mesma sección deportiva).

• Externo 2, ata completar as 160 prazas ofertadas na resolución, a decisión da Comisión de Selección segundo os criterios establecidos no punto quinto da convocatoria.

▪ Reservaranse da cota das prazas de rendemento, o 5 % das prazas ofertadas para persoas con discapacidade. No caso de non seren ocupadas pasarán a seren ocupadas pola cota ordinaria.

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vista a proposta de resolución, poderá cubrir ou non a totalidade das prazas ofertadas.

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, reservase unha porcentaxe de non máis do 10 % das prazas que poderá cubrir durante todo o curso académico en función de situacións non recollidas nesta orde sempre cumprindo uns criterios de excelencia deportiva e nivel académico acordes coas bases desta convocatoria. As prazas asignadas para cada sección deportiva, no caso de non cubrirse, pasarán á cota da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Naquelas seccións que non cubran o 50 % das prazas ou cando se cumpra dita porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se puideran cumprir os obxectivos do programa deportivo da federación, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes poderá non conceder as prazas solicitadas.

Malia o disposto anteriormente, o número total de prazas ofertadas estará suxeito aos requisitos e condicións requiridos en cada momento polas autoridades sanitarias competentes en función da evolución da situación epidemiolóxica provocada pola COVID-19. Deste xeito, o número total de prazas ofertadas e/ou concedidas poderá́ ser reducido en función da aplicación das medidas de protección estatais ou autonómicas para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 ditadas polas autoridades sanitarias e/ou educativas.

Artigo 20. Duración das prazas

A duración das prazas será desde o 8 de setembro de 2022 ata ao 31 de xullo de 2023, exceptuando o grupo de tecnificación que rematará a última semana do período lectivo.

CAPÍTULO III

Dos criterios de valoración

Artigo 21. Criterios de valoración

1. Todos os méritos que se van valorar nos criterios deportivos e académicos que a continuación se detallan, deberán estar debidamente reflectidos no anexo VI desta convocatoria.

2. Valoraranse os criterios deportivos da modalidade deportiva e especialidade para a cal solicitan a praza ao CGTD.

3. Para a tecnificación de tríatlon, nas probas de acuatlón e duatlón, terán un valor da metade de puntos sobre a modalidade olímpica.

4. Para valorar aos deportistas nados no ano 2007 ou posteriores, nas modalidades nas que non haxa modalidades ou probas olímpicas na categoría infantil, e así o especifiquen no anexo II desta convocatoria, a valoración do resultado será a que especifique a federación e que sexa máis próxima á modalidade e proba olímpica.

5. Non serán valorados os méritos deportivos acadados nos campionatos de España de clubs, nos campionatos de España por seleccións autonómicas, nin tampouco en copas ou competicións internacionais de clubs.

6. Non serán susceptibles de valoración os resultados acadados en equipo coa excepción dos resultados obtidos en competicións internacionais formando parte da selección española. En vela considerarase a embarcación como individual.

7. Non se valorarán os resultados deportivos acadados en categorías máster, veteranos ou similar.

Artigo 22. Criterios de valoración para os deportistas de tecnificación

1. Criterios deportivos.

A valoración do rendemento deportivo realizarase en función da categoría na que o deportista proposto competise no ano no que se publica esta convocatoria de prazas, cunha participación mínima de 6 competidores, e do seu ano de nacemento segundo o seguinte:

a) Para valorar aos deportistas nados nos anos 2008, 2007, 2006 e 2005 (máximo de 22,5 puntos):

– Mellor resultado no campionato de España nos dous últimos campionatos celebrados en modalidade e proba olímpica (de 15 a 2 puntos)*:

* Nas probas onde o resultado se acade formando parte dun equipo, a puntuación obtida polo posto acadado, dividirase entre o número de integrantes do equipo. (Exemplo: 1º en catro scull: 15/4 = 3,75 para cada deportista).

– 1º posto: 15 puntos.

– 2º posto: 13 puntos.

– 3º posto: 11 puntos.

– 4º posto: 10 puntos.

– 5º posto: 9 puntos.

– 6º posto: 8 puntos.

– 7º posto: 7 puntos.

– 8º posto: 6 puntos.

– 9º posto: 5 puntos.

– 10º posto: 4 puntos.

– 11º posto: 3 puntos.

– 12º posto: 2 puntos.

– Mellor resultado no campionato galego nos dous últimos campionatos celebrados en modalidade e proba olímpica (de 7,5 a 4 puntos):

* Nas probas onde o resultado se acade formando parte dun equipo, a puntuación obtida polo posto acadado, dividirase entre o número de integrantes do equipo. (Exemplo: 1º en catro scull: 7,5/4 = 1,87 para cada deportista).

– 1º posto: 7,5 puntos.

– 2º posto: 6,5 puntos.

– 3º posto: 5,5 puntos.

– 4º posto: 5 puntos.

– 5º posto: 4,5 puntos.

– 6º posto: 4 puntos.

b) Nas modalidades nas que non haxa campionato de España na categoría infantil, segundo o anexo II desta convocatoria, a valoración dos deportistas nados no ano 2007 ou posteriores, a valoración do resultado no campionato galego, en modalidade e proba olímpica individual será o seguinte cun máximo de 18 puntos:

* Nas probas onde o resultado se acade formando parte dun equipo, a puntuación obtida polo posto acadado, dividirase entre o número de integrantes do equipo. (Exemplo: 1º en catro scull: 18/4 = 4,5 para cada deportista).

– 1º posto: 18 puntos.

– 2º posto: 16 puntos.

– 3º posto: 14 puntos.

– 4º posto: 13 puntos.

– 5º posto: 12 puntos.

– 6º posto: 11 puntos.

– 7º posto: 10 puntos.

– 8º posto: 9 puntos.

– 9º posto: 8 puntos.

Asemade, aplicarase dito baremo aos deportistas carentes de competicións nacionais e autonómicas, que así o especifiquen no anexo II e veñan acompañadas por un informe técnico (máximo de 18 puntos).

c) Deportistas que competiron formando parte da selección española en modalidades e probas olímpicas nos anos 2021 ou 2022* escollendo só unha das seguintes competicións (máximo 9 puntos).

* Para o ano 2022, poderase valorar a participación en dito campionato, sempre que se acredite pola federación nacional, cando esta se vaia a producir despois do prazo de presentación de solicitudes.

– Se competiron nos campionatos do mundo: 7 puntos.

– Se competiron nos campionatos de Europa: 6 puntos.

– Sumaranse 2 puntos adicionais se acadan estar entre os 8 primeiros postos do campionato.

– Se competiron en copas do mundo: 5 puntos.

– Se competiron en copas de Europa: 4 puntos.

– Sumarase 1 punto adicional se logra estar entre os 8 primeiros postos da copa.

d) Deportistas que competiron formando parte da selección española en modalidades e probas non olímpicas nos anos 2021 ou 2022 escollendo só unha das seguintes competicións (máximo 4 puntos).

– Se competiron en campionato do mundo: 3 puntos.

– Se competiron en campionato de Europa: 2 puntos.

– Sumarase 1 punto adicional se logra estar entre os 3 primeiros postos do campionato.

e) As federacións poderán outorgar ata 10 puntos adicionais aos deportistas de tecnificación segundo a orde establecida no punto 8.1.a) do anexo II desta convocatoria, segundo a cota asignada á súa sección deportiva. Esta puntuación irá decrecendo medio punto por posto asignado. Para poder ser puntuado, a puntuación deberá estar acompañada dun informe técnico da federación correspondente xunto co anexo VI, onde xustifique, con criterios técnicos obxectivos, a puntuación do deportista (datos antropométricos, progresión deportiva, condicións de adestramento, etc.), reflectida no punto 8.1 do anexo II desta convocatoria. O dito informe, de ser negativo, xustificadamente, poderá ser motivo da non inclusión do solicitante na cota da modalidade deportiva. Excepcionalmente, e xustificado suficientemente, poderase dar a un só deportista 10 puntos extra sobre a puntuación anterior, que sexa de interese federativo.

Esta puntuación non se terá en conta no momento que teña que haber un desempate entre seccións deportivas.

Exemplo de modalidade deportiva de 10 prazas na súa cota de deportistas:

– 1º da lista: 10 puntos adicionais.

– 2º da lista: 9,5 puntos adicionais.

– 3º da lista: 9 puntos adicionais.

– 4º da lista: 8,5 puntos adicionais.

– 5º da lista: 8 puntos adicionais.

– 6º da lista: 7,5 puntos adicionais.

– 7º da lista: 7 puntos adicionais.

– 8º da lista: 6,5 puntos adicionais.

– 9º da lista: 6 puntos adicionais.

– 10º da lista: 5,5 puntos adicionais.

2. Criterios académicos:

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota superior a 8: 5 puntos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota media entre 6 e 8: 4 puntos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota media inferior ao 6: 2 puntos.

– Se remata en xuño con dúas ou menos materias suspensas, pero acada unha nota media superior a 7: 2 puntos.

3. Criterio de actitude.

No caso de deportistas que aspiren a renovar a súa praza de tecnificación, terase en conta a valoración final residencial sobre o grao de aproveitamento e adaptación aos servizos residenciais, avaliacións deportivas, conforme ás normas de convivencia durante o curso 2021/22, emitida pola dirección do centro, cunha escala que irá de 2 a - 4 puntos.

4. Criterios de desempate no grupo de tecnificación.

A prelación de criterios será:

1º. O que obtivo maior puntuación na valoración do rendemento deportivo.

2º. O deportista bolseiro o ano anterior que opte por renovar a súa praza no CGTD fronte ao que se incorpora ao centro por primeira vez (sempre e cando non teña puntuación negativa, que non terá esta prelación).

3º. O que tivese a nota media máis alta en xuño no expediente académico do último curso.

4º. O de menor idade.

5º. Orde alfabética de apelidos e nome iniciando pola letra «T», conforme ao sorteo feito pola Consellería de Facenda e Administración Pública no ano 2022, e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 24, do 4 de febreiro de 2022.

5. Cota de prazas de tecnificación como residente.

As prazas máximas do grupo de tecnificación para residentes distribuiranse entre as modalidades e especialidades deportivas do seguinte xeito, e cada sección pode renunciar ao número máximo co pertinente informe técnico da federación:

Atletismo lanzamentos: 4 prazas de residente.

Bádminton: 7 prazas de residente.

Judo: 8 prazas de residente.

Karate: 3 prazas de residente.

Loita: 7 prazas de residente.

Natación pura e augas abertas: 6 prazas de residente.

Natación artística: 5 prazas de residente.

Piragüismo slálom: 4 prazas de residente.

Piragüismo AT: 17 prazas de residente.

Remo: 4 prazas de residente.

Taekwondo: 8 prazas de residente.

Tríatlon: 7 prazas de residente.

Vela: 4 prazas de residente.

Ximnasia: 3 prazas de residente

As prazas que non se cubran polas diferentes seccións deportivas, pasarán á reserva de prazas da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Artigo 23. Criterios de valoración para os deportistas de rendemento

As prazas do grupo de rendemento distribuiranse entre as mesmas modalidades e especialidades deportivas ca o grupo de tecnificación.

a) Deportistas que acadaron un resultado entre os 12 primeiros nos últimos xogos olímpicos ou paralímpicos, ou no campionato do mundo da súa categoría en modalidades e probas olímpicas, ata 12 puntos:

– 1º posto: 12 puntos.

– 2º posto: 11 puntos.

– 3º posto: 10 puntos.

– 4º posto: 9 puntos.

– 5º posto: 8 puntos.

– 6º posto: 7 puntos.

– 7º posto: 6 puntos.

– 8º posto: 5 puntos.

– 9º posto: 4 puntos.

– 10º posto: 3 puntos.

– 11º posto: 2 puntos.

– 12º posto: 1 punto.

b) Deportistas que acadaron un resultado entre os 9 primeiros no último campionato de Europa da súa categoría en modalidades e probas olímpicas, ata 9 puntos:

– 1º posto: 9 puntos.

– 2º posto: 8 puntos.

– 3º posto: 7 puntos.

– 4º posto: 6 puntos.

– 5º posto: 5 puntos.

– 6º posto: 4 puntos.

– 7º posto: 3 puntos.

– 8º posto: 2 puntos.

– 9º posto: 1 punto

c) Deportistas que participaron nos últimos xogos olímpicos ou paralímpicos, ou campionato do mundo ou campionato de Europa coa selección nacional da súa categoría en modalidades e probas olímpicas, ata 6 puntos.

– Xogos olímpicos/xogos paralímpicos: 6 puntos.

– Campionato do mundo: 5 puntos.

– Campionato de Europa: 4 puntos.

d) Deportistas que participaron nos campionatos de España de forma individual en modalidades e probas/distancias olímpicas, ata 3 puntos:

– 1º posto: 3 puntos.

– 2º posto: 2 puntos.

– 3º posto: 1 punto

e) Deportistas que no curso anterior 2021/22 estiveron formando parte dun grupo de tecnificación no CGTD: 2 puntos. Cando o deportista que renove teña un informe negativo da dirección do CGTD, nota de convivencia ou valoración final non satisfactoria, esta epígrafe non será valorada. Este criterio non será valorado se non se obtén ningún punto nas epígrafes anteriores.

f) Criterios de desempate no grupo de rendemento.

A prelación de criterios será:

1. O que obtivo unha maior puntuación sumando os puntos correspondentes ao posto obtido no último campionato de Europa e no último campionato de mundo, nos xogos olímpicos ou paralímpicos.

2. O deportista que opte por renovar a súa praza no CGTD (sempre que non teña unha puntuación negativa no informe do CGTD).

3. En caso de continuar o empate, entraría o deportista que obtivo un mellor posto no último campionato do mundo.

4. O de menor idade.

5. Orde alfabética de apelidos e nome, iniciando pola letra «T» conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2022 e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 24, do 4 de febreiro de 2022.

g) O deportista que, solicitando unha praza de residente 2, no grupo de rendemento, non conseguise acceder a ela, pasará á lista de candidatos ao resto de prazas de rendemento, segundo os méritos alegados e os criterios recollidos nesta convocatoria.

CAPÍTULO IV

Doutras disposicións

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Datos de carácter persoal

De acordo co establecido no artigo 14, alínea ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude quedan informadas dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 26. Réxime xurídico

O réxime xurídico aplicable a esta convocatoria é o seguinte: Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG número 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG número 20, do 29 de xaneiro), polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; os preceptos declarados básicos pola disposición derradeira primeira da Lei 38/2003, do 17 de novembro (BOE número 276, do 18 de novembro), xeral de subvencións; e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo (BOE número 176, do 25 de xullo), polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003; a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia; e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normativa de xeral aplicación.

Artigo 27. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 ao 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición adicional única. Deportistas de vela

Os deportistas seleccionados pola Federación Galega de Vela para o uso do Centro Galego de Vela, situado en Vilagarcía de Arousa, nas clases olímpicas, de tecnificación, así como de alto rendemento con programas encamiñados a París 2024, e con 16 anos cumpridos en adiante, tras a súa correspondente revisión e publicación por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, terán os beneficios do servizo médico-deportivo e do servizo de fisioterapia no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

A duración dos beneficios será desde o 8 de setembro de 2022 ata o 7 de setembro de 2023.

Disposición derradeira primeira. Habilitación

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte para ditar, no ámbito das súas competencias, cantos actos e medidas sexan precisos para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file