Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42691

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de Organización de Empresas.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 23 de maio de 2022 (BOE do 2 de xuño) para a provisión da praza número 22/002, catedrática de universidade da área de coñecemento de Organización de Empresas, Departamento de Empresa desta universidade, a favor de Nuria Begoña Calvo Babío, con DNI número ***1364**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, en uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Nuria Begoña Calvo Babío catedrática de universidade da área de coñecemento de Organización de Empresas, Departamento de Empresa desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de xullo de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña