Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-270/2022-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-270/2022-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propor proba en que concreten os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 21 de xullo de 2022

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-270/2022-PPM

52935809K

Inicio

Rúa Pablo Iglesias, edificio Tosam, 15930 Boiro (A Coruña)

PSC-CO-305/2022-PPM

47365119T

Inicio

Avda. da Mahía, 58, 15864 Ames (A Coruña)

PSC-CO-355/2022-PRE

32790184G

Inicio

Lugar de la Iglesia, 3, Cela, 15660 Cambre (A Coruña)