Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42674

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT300A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 14 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 05.A2.761A 781.0 , proxecto 2015 00005, cun crédito de 147.867,69 €, que figura no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2022

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Liña 1. Procedemento CT300A.

Nº de expediente

Entidades beneficiarias

NIF

Obxecto da subvención

Importe
total (€)

Subvención proposta (€)

CT300A-2022 1/03

Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Ames e Teo

G70391990

Atención e acollida de peregrinos na capela de Francos e na capela da Magdalena e no albergue do Milladoiro do Camiño portugués a Santiago

4.445,20

2.667,12

CT300A-2022 1/05

Federación de centros xuvenís don Bosco-Galicia

G15450828

Mellora de acompañamento e hospitalidade de peregrinos no albergue de Allariz

5.209,77

5.209,77

Total

7.876.89 €

Liña 2. Procedemento CT300A.

Nº de expediente

Entidades beneficiarias

NIF

Obxecto da subvención

Importe
total (€)

Subvención proposta (€)

CT300A-2022 2/26

Asociación de concellos do Camiño Inglés a Santiago

G70586425

O Camiño inglés na escola

10.000,00

10.000,00

CT300A-2022 2/08

Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago

G26191866

Formato dixital da revista Peregrino

10.100,00

10.000,00

CT300A-2022 2/21

Centro intercultural para la experiencia del Camino en Beijing

N0027780F

Guía e cartas de emocións xacobeas en chinés

11.439,00

10.000,00

CT300A-2022 2/17

Asociación de amigos de los caminos de Santiago en Madrid

G78496528

Edición e impresión de 500 exemplares da Guía de Madrid a Santiago de Compostela

3.534,18

3.534,18

CT300A-2022 2/27

Institut de Recherches Jacquaires

W372018664

Para unha web inventario do patrimonio xacobeo europeo

10.500,00

10.000,00

CT300A-2022 2/33

Fraternidad internacional del Camino de Santiago

G70406277

El solitario del camino

6.715,00

6.715,00

CT300A-2022 2/09

Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Ávila

G05193859

Publicación da revista Stellae, libro de cuentos infantiles sobre o Camiño de Santiago e cartelaría

4.650,00

4.650,00

CT300A-2022 2/30

Grupo Compostela de universidades

G15520307

Camiñolab II. Un espazo para a dinamización sustentable do patrimonio cultural europeo

11.539,47

10.000,00

CT300A-2022 2/07

Asociación de Comunicadores do Camiño de Santiago

G70386867

Divulgación do Camiño Inglés nas súas orixes. Remate da sinalización no condado de Durham e comezo no de York

9.500,00

8.550,00

CT300A-2022 2/16

Asociación Abrindo camiño de Amigos do Camiño norte a Santiago

G27320126

XV Xornadas do peregrino Abrindo camiño

9.650,00

8.685,00

CT300A-2022 2/19

Asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía

G05279500

Promoción do Camiño de Fisterra e Muxía mediante a aplicación da realidade aumentada.7

9.000,00

8.100,00

CT300A-2022 2/29

Stowarzyszenie Przyjaciele drog Sw. Jakuba w Posce

PL8942993637

Tradución ao polaco e publicación do Codex Calixtinus-Libro V e o sermón Veneranda dies

6.610,00

5.949,00

CT300A-2022 2/32

Asociación de periodistas e estudosos do Camiño inglés a Santiago

G15432123

X Edición do premio internacional APECSA 2022

8.216,00

6.572,80

CT300A-2022 2/03

Asociación colectivo Egeria

G27499250

Máis aló do camiño

9.500,00

7.600,00

CT300A-2022 2/13

Archicofradía universal del glorioso apóstol Santiago

R1500250D

Publicación revista Compostela, núm. 65

9.593,92

7.675,14

CT300A-2022 2/12

Asociación de Amigos del Camino de Santiago en León

G24330243

Edición da revista trimestral El senderín

4.929,60

3.943,68

CT300A-2022 2/05

Asociación protectora de animais do Camiño APACA

G70459045

Promoción dos valores e inclusión dos animais como obxectivos de protección no camiño

13.382,54

10.000,00

CT300A-2022 2/28

Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo

G27186972

Lugo é camiño

10.020,00

8.016,00

Total

139.990,80