Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), en relación co proxecto do parque eólico Restelo, nos concellos da Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo) (expediente IN408A 2018/019).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

– O 15.5.2018, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Restelo (en diante, parque eólico).

– O 3.6.2020, a solicitante presentou unha modificación substancial para o proxecto do parque eólico, de acordo co establecido na Lei 8/2009, do 22 de decembro.

– O 21.10.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe sobre o proxecto sectorial segundo o previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, o 21.4.2022 a dirección xeral competente en materia de enerxía enviou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo a dito centro directivo, consonte co artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power, S.L.U., NIF: B70501473.

Domicilio social: praza María Pita, núm.10, andar 1, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: proxecto de execución do parque eólico Restelo, nos termos municipais da Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo).

Concellos afectados: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna.

Área de Desenvolvemento Eólico (ADE): Becerreá.

Características técnicas das instalacións:

Potencia instalada: 42,00 MW.

Produción neta anual estimada: 143.001 MWh/ano.

Orzamento de execución material parque eólico: 34.435.332,47 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y5395

1

652.103

4.763.110

2

654.911

4.757.354

3

657.676

4.758.786

4

657.946

4.761.394

5

656.663

4.764.200

Coordenadas da localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE-01

654.504

4.762.640

A Fonsagrada

AE-02

654.920

4.762.391

A Fonsagrada

AE-03

655.300

4.762.164

A Fonsagrada

AE-04

655.515

4.761.834

A Fonsagrada

AE-06

654.622

4.761.399

Baleira

AE-07

654.935

4.761.207

Baleira

AE-08

655.137

4.760.551

Baleira

AE-09

655.310

4.760.235

Becerreá

AE-10

655.384

4.759.886

Becerreá

Localización da SET Restelo:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

655.271

4.760.345

Características técnicas principais das instalacións:

– Oito (8) aeroxeradores modelo SG145 5 MW do fabricante Siemens Gamesa ou similar de potencia máxima activa de xeración eléctrica 5 MW, cun diámetro de rotor de 145 m e altura de buxe 102,5 m.

– Un (1) aeroxerador modelo SG145 5 MW do fabricante Siemens Gamesa ou similar de potencia 5 MW, limitado a potencia máxima activa de xeración eléctrica 2 MW (xerador eléctrico con placa de características de 2 MW).

– Nove (9) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 6.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 36 kV e os correspondentes equipos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede colectora soterrada de 30 kV, conformada polos cables de MT, con condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV, os cables de comunicación e os cables de terra, que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación eléctrica do parque, co obxecto de evacuar a enerxía xerada.

– Subestación eléctrica Restelo tipo convencional, constituída por:

• Un edificio de control que alberga o sistema de celas de interior de 30 kV, en configuración de simple barra, con tres posicións de liña, unha posición de transformador, unha posición de servizos auxiliares, dúas posicións de medida de barras, acoplamento e remonte de barras. A aparataxe deste sistema estará disposta en celas blindadas con illamento SF6.

• Parque exterior onde se localizan elementos de 132 kV, en configuración de simple barra, cunha posición de liña e unha posición de transformador de potencia, segundo as especificacións de proxecto.

• Un transformador de intemperie de relación 132/30 kV e potencia 45/50 MVA ONAN/ONAF.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas dos aeroxeradores e gabias para cableado e rede de terras.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (abril de 2020) das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental (febreiro de 2022).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico, de abril de 2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87), así como nos concellos da Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (logo da publicación no DOG), na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/restelo

Lugo, 30 de xuño de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo