Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42530

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 29 de xullo de 2022 pola que se convocan, por tramitación anticipada, as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación para o exercicio 2023.

BDNS (Identif.): 639891.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado matriculado nun programa de doutoramento na Universidad de Vigo que non goce doutras axudas para a formación de persoal investigador e que teña completados 300 créditos ECTS, dos cales polo menos 60 deben ser de formación de estudos oficiais de posgrao. A data de finalización dos estudos debe ser posterior ao 1 de xaneiro de 2020, salvo as excepcións recollidas na base 6.2 da convocatoria.

Terceiro. Obxecto

O obxecto destas axudas é financiar a formación de dez persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral, en calquera área de coñecemento científico, de tres anos de duración, conforme o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Cuarto. Bases reguladoras

Resolución do 29 de xullo de 2022 pola que se convocan, por tramitación anticipada, as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación para o exercicio 2023.

Quinto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de seiscentos oitenta e catro mil setecentos euros (684.700 €), segundo a distribución por anualidades para 2023, 2024, 2025 e 2026 establecida na convocatoria.

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día 1 de setembro ata o 10 de outubro de 2022

Vigo, 29 de xullo de 2022

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6 de xullo)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación