Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de varias árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de varias árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2022/1411047.

Data: 27.5.2022.

Solicitante: Concello de Touro.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Loxo.

Concello: Touro.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2022/1602804.

Data: 17.6.2022.

Solicitante: Alberto Rilo Martínez.

Especie: Olea europaea L.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2022/1697009.

Data: 29.6.2022.

Solicitante: María Lourdes Sánchez Mariño.

Especie: Pinus pinaster.

Localidade: Chancelas-Abanqueiro.

Concello: Boiro.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto con elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto con ela, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, avenida Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.junta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Naturaleza?content=Direccion_General_Conservacion_Naturaleza/Biodiversidad/seccion.html&std=expedientes_singulares.html&sub=Arbores_singulares/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural