Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Labregos de Lugo, SAT nº 1382 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 11 de novembro de 2021 finalizada a liquidación.

b) Vicersat, SAT nº 563 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 17 de decembro de 2021 e nomeamento da comisión liquidadora.

c) Vicersat, SAT nº 563 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 28 de decembro de 2021 finalizada a liquidación.

d) Romeu García, SAT nº 1354 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Romeu García, S.C. por acordo adoptado na asemblea xeral universal do 29 de decembro de 2021.

e) Arealba de Santaballa, SAT nº 1249 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Arealba, S.C. por acordo adoptado na asemblea xeral extraordinaria universal do 16 de febreiro de 2022.

f) Edrada, SAT nº 1113 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Edrada, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de marzo de 2022.

g) Os Tres Irmáns, SAT nº 1350 Xuga, cancelada de oficio o 1 de febreiro de 2022, consonte o punto dous do artigo 14 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, logo de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución.

h) Fozara, SAT nº 3619, cancelada de oficio o 18 de abril de 2022, consonte o punto dous do artigo 14 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, logo de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución.

i) Kiwis Barbanza, SAT nº 591 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 15 de novembro de 2021, ratificada o 31 de marzo de 2022 e nomeamento da comisión liquidadora.

j) Kiwis Barbanza, SAT nº 591 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 23 de maio de 2022.

k) Ganadería Rúa, SAT nº 972 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 1 de marzo de 2022.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias