Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 2 de agosto de 2022 Páx. 42326

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Mediante a Orde do 27 de decembro de 2021 establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG núm. 17, do 26 de xaneiro de 2022).

O artigo 4 da orde establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles.

O incremento do crédito, conforme o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, está condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de créditos incorporados do exercicio anterior no mesmo programa e servizo procedentes de fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal, e coa finalidade de subvencionar todas as solicitudes que presenten as empresas de inserción e as súas entidades promotoras e, deste xeito, atender o máximo número de solicitudes e de persoas destinatarias finais, procede ampliar o crédito destas axudas.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do crédito

1. Amplíase en 165.000,00 euros o crédito consignado no artigo 63 da convocatoria de axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras para o ano 2022, código de proxecto 2015 00561, aplicación orzamentaria 11.04.324C 470.5 para o Programa I.

2. O orzamento final das axudas previstas na Orde do 27 de decembro de 2021 para o ano 2022, logo da ampliación, é de 1.165.000,00 euros, distribuídos do seguinte xeito:

Programa de axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

1ª ampliación

Crédito final

Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social

11.04.324C 470.5

865.000,00

165.000,00

1.030.000,00

Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social

11.04.324C 470.5

100.000,00

0,00

100.000,00

11.04.324C 481.5

35.000,00

0,00

35.000

Total

1.000.000,00

165.000,00

1.165.000,00

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida Orde do 27 de decembro de 2021 para a presentación de solicitudes

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade