Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de inicio de trámite de audiencia, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Quins (Melón-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días contado desde o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) de Ourense, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia, deberá concertar unha cita a través do teléfono 988 38 64 89

Ourense, 13 de xullo de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Nº de propietaria/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34547197R

89

Trámite de audiencia

Quins (Melón-Ourense)

34444829Y

254

Trámite de audiencia

Quins (Melón-Ourense)

José Lorenzo Estévez

442

Trámite de audiencia

Quins (Melón-Ourense)

34380110D

442

Trámite de audiencia

Quins (Melón-Ourense)

34969275N

647

Trámite de audiencia

Quins (Melón-Ourense)