Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as autorizacións administrativas previa e de construción, así como a declaración, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, de varias instalacións eléctricas no concello de Taboadela (expediente IN407A 2022/17-3).

Mediante a Resolución do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foron concedidas as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, varias instalacións eléctricas no concello de Taboadela (expediente IN407A 2022/17-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a José Araújo Daquinta, titular do predio número 1 dos afectados, para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

O interesado, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 13 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense