Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2022 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, do contrato mixto adxudicado polo Servizo Galego de Saúde de redacción do proxecto básico e de execución, dirección facultativa e execución da obra de reforma interior da UCI da planta -1, edificio A, do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, incluído o control de calidade da citada obra.

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Expediente de contratación.

Contratación da elaboración do proxecto e execución da obra da UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (núm. de expediente AB-SER3-21-017).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Número de identificación: Q6550006H.

c) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos, por delegación polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 31 de outubro) e a Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril).

d) Obtención de documentación e información:

i. Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

ii. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

iv. Teléfonos: 881 54 74 38.

v. Telefax: 881 54 27 62.

vi. Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante: https://www.sergas.gal e https://www.contratosdegalicia.gal

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

a) Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público.

b) Principal actividade exercida: saúde.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución, dirección facultativa e execución da obra de reforma interior da UCI da planta -1, edificio A, do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, incluído o control de calidade da citada obra.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de execución: rúa da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución: redacción de proxecto un (1) mes; obra máximo tres (3) meses; dirección facultativa igual á obra coas peculiaridades prevista no artigo 29.7 da LCSP.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 71221000-3 servizos de arquitectura para edificios; 45215142-4 traballos de construción de unidades de coidados intensivos; 71247000-1 supervisión do traballo de construción.

h) Número do expediente: AB-SER3-21-017.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Licitación electrónica: si.

d) Criterios de adxudicación: memoria descritiva da proposta ata 40 puntos, coordinación na execución dos traballos ata 10 puntos, oferta económica ata 40 puntos, redución do prazo de execución ata 5 puntos e incremento do prazo de garantía ata 5 puntos . Véxase o punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

5. Valor estimado do contrato: 1.039.707,97 €.

6. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.039.707,97 €. IVA (%) 21 %. Importe total: 1.258.046,64 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de xullo de 2021.

b) Número de ofertas recibidas: 4.

c) Data de formalización do contrato: 3 de agosto de 2021.

d) Adxudicatario:

i. Nome: Seranco, S.A.

ii. NIF: A791***40.

iii. Enderezo: Paseo de Ronda.

iv. Localidade e código postal: A Coruña 15011.

v. Teléfono 8811***45.

vi. Enderezo electrónico: contratacion@seranco.es

vii. É peme (segundo a normativa europea): si.

viii. Pertence a un grupo de empresas: non.

e) Importe de adxudicación. Importe neto 912.800,00 €. IVE (%) 21 %. Importe total 1.104.488,00 €.

f) Posibilidade de subcontratar a terceiros: non.

g) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación atópase publicada no perfil do contratante.

8. Outra información:

– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 10 de xuño de 2021.

– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 27 de xullo de 2021.

– Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 9 de agosto de 2021.

2. Financiamento.

Todas estas actuacións financiaranse ao 100 % do gasto elixible no marco do instrumento de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de España (REACT-EU), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20, Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i, Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.5 REACT-UE 5 «Apoiar investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns».

A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise proposta na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).

O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.

Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

3. Información.

3.1. Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión. Dirección electrónica: servizo.xestion@sergas.es

3.2. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2022

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 137/2019 e Orde 22.4.2020)
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos