Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente-e IN407A 2022/152-1).

Expediente-e: IN407A 2022/152-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación dun reconectador TC no apoio número: 161-2 da LMTA NEG803 e localizado no lugar de Erviñou, s/n.

Concello: Val do Dubra.

1) Características técnicas:

• Retensado do treito de liña eléctrica de media tensión aérea NEG803 (expediente 51785) a 20 kV, cunha lonxitude total de 84 metros coa orixe no apoio número 161 existente da LMT NEG803, en condutor tipo LA-56 mm2 no apoio 161-3 existente de formigón da LMT NEG803. Substitución do autoseccionador con número de matrícula 15HNA3, instalado sobre o apoio número 161-2 da LMTA NEG803 por un reconectador telecontrolado. Troco do dito apoio por un novo de celosía, tipo C-14/2000. Cámbianse os condutores existentes que forman o van entre os apoios número 161-2 e o apoio número 161-3, con 84 m e LA-56 mm2.

2) Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así coma no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 1 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/152-1

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación dun reconectador TC no apoio número: 161-2 da LMTA NEG803 e localizado no lugar de Erviñou, s/n.

Concello: Val do Dubra.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

Ml. aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

Ml. sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

M2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

M2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Número de predio: 1.

Paraxe: Leiras longas.

Referencia catastral: polígono: 515. Parcela: 184.

Cultivo: labor.

Propietarios: José Iglesias Fosado e Josefina Vázquez Rey.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 161-2.

• M2: 2,0.