Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41540

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 19 de xullo de 2022 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021 fíxose pública a composición dos consellos sociais das universadades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do Consello Social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente/a da universidade. A duración do mandato dos membros do Consello Social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

Así mesmo, o artigo 77.3 da citada Lei 6/2013 establece que a representación dos intereses sociais no Consello Social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou presidenta do Consello Social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade e un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades, un membro designado polos colexios profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa oferta formativa de cada unha das universidades.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Con data do 27 de xuño de 2022, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo comunica a designación da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo pola que se nomea a Avelino Muleiro García, en substitución de José María Franco García, como representante da dita asociación no Consello Social da Universidade.

Con data do 15 de xullo de 2022, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo comunica o Acordo do reitor do 14 de xullo de 2022 polo que se nomea a Yolanda Lesmes Romero xerenta da dita universidade en substitución de Raquel María Souto García.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Vigo a Yolanda Lesmes Romero, xerenta da dita universidade, e a Avelino Muleiro García como representante da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos no dito Consello Social, en substitución de José María Franco García.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades