Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41550

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 30 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 9.3.2022.

Código: 161A.

Nome da árbore: Magnolio de Tabagón.

Especie: Magnolia x soulangeana Soul.-Bod.

Localidade: San Miguel de Tabagón.

Concello: O Rosal.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 515.086/4.640.619.

Motivo da catalogación: dendrometría, porte e estética.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural