Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41480

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2022 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros nos anexos I e II da Resolución do 5 de xullo de 2022, publicada no DOG núm. 137, do 18 de xullo, pola que se convoca o concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios (BOE do 18 de julio), procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir os devanditos erros.

En consecuencia, procede establecer un novo prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Boletín Oficial del Estado, para a presentación de solicitudes relativas ao concurso 122T/22. As persoas interesadas en participar no devandito concurso que fixesen a solicitude no prazo establecido na convocatoria feita pública o 18 de xullo de 2022 no Boletín Oficial del Estado poderán modificar ou ampliar a súa solicitude neste prazo.

Finalmente, cómpre revisar tamén o prazo máximo de resolución do concurso 122T/22 establecido no punto 1.5 da convocatoria, que será de catro meses a partir da publicación no BOE desta corrección de erros.

No anexo I. Relación de prazas, na páxina 40576, onde di:

«Nº de concurso: 122T/22.

Nº de prazas: 1(C01948).

Área de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar.

Departamento: Pedagoxía e Didáctica.

Perfil: organización e xestión do centro escolar (G3141201).

Centro: Facultade de Ciencias da Educación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Praza reservada para persoas con discapacidade».

Debe dicir:

«Nº de concurso: 122T/22.

Nº de prazas: 1(C01948).

Área de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar.

Departamento: Pedagoxía e Didáctica.

Perfil: didáctica e profesión docente (G3121105).

Centro: Facultade de Ciencias da Educación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Praza reservada para persoas con discapacidade».

No anexo II. Comisións de selección, na páxina 40589, onde di:

«Nº de concurso:

118T/22

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

Historia Contemporánea

Comisión titular

Secretario:

Cabo Villaverde, Francisco Javier

T

Profesor/a titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela»

Debe dicir:

«Nº de concurso:

118T/22

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

Historia Contemporánea

Comisión titular

Secretario:

Cabo Villaverde, Miguel

T

Profesor/a titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela»