III. Outras disposicións
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da reunión da Comisión negociadora do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego de Galicia en que se actualizan as táboas salariais correspondentes ao ano 2022.
Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 130, do venres 8 de xullo de 2022, efectúase a seguinte corrección:
Na páxina 39024, na táboa I, e na páxina 39025, na táboa II, onde di: «Actualizado 2021», debe dicir: «Actualizado 2022».