Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do núcleo rural da Cañota (APR-PEORN-02-08).

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión telemática ordinaria do 20 de xuño de 2022, adoptou, entre outros, o acordo que a continuación se transcribe literalmente na súa parte dispositiva:

1º. Tramitación do Plan especial de reforma interior do núcleo rural da Cañota-Meirás.

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior do núcleo rural da Cañota (APR-PEORN-02-08).

Segundo. Someter o plan aprobado inicialmente á información pública durante o prazo de dous meses, consonte o disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O contido íntegro do plan especial aprobado pódese consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sada: https://sede.sada.gal/opencms/es/informacion/ co título de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do núcleo rural da Cañota.

Sada, 29 de xuño de 2022

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde