A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 636/2021, do 27 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para 2021, realiza convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:
1 praza de responsable de seguridade (GII BI N8).
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do O.P. Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es
Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a presentación de solicitudes.
Vigo, 15 de xullo de 2022
Jesús Vázquez Almuíña
Presidente