Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Ditea Coruña, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir no Rexistro Provincial da Coruña a modificación de estatutos sociais relativa ao domicilio no mesmo término municipal da entidade Ditea Coruña, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do Consello Reitor de data 19 de maio de 2022. O seu novo domicilio social é o siguiente: praza de Zalaeta, núm. 4, baixo esquerda, 15002, concello da Coruña, provincia da Coruña.

A Coruña, 12 de xullo de 2022

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña