Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0270/2022-COP e doce máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0270/2022-COP e doce máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que se pretendan valer, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 12 de xullo de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0270/2022-COP

B94055282

Inicio

Cacharela, 27, Vigo

PSC-PO-0304/2022-PPM

36100765B

Inicio

Areas, 14, ático I, Sabarís, Baiona

PSC-PO-0306/2022-PPM

76725040F

Inicio

Cidade de Vigo, 8, 1º A, Baiona

PSC-PO-0309/2022-PPM

35964921M

Inicio

Dr. Corbal, 90, Vigo

PSC-PO-0334/2022-PRE

34967096N

Inicio

Lugar Astureses, 30, Boborás

PSC-PO-0351/2022-PPM

71135718F

Inicio

Ruiseñor, 2 B, baixo, Valladolid

PSC-PO-0353/2022-PPM

15493614D

Inicio

Avenida Manuel Lemos, 62 B, Nigrán

PSC-PO-0367/2022-PPM

35467237H

Inicio

Outeiro da Vila, 22, A Illa de Arousa

PSC-PO-0373/2022-PPM

34541963B

Inicio

Pino, 89, Vigo

PSC-PO-0429/2022-PRE

35584627Q

Inicio

Salgueiral, 39, Nigrán

PSC-PO-0431/2022-PPM

77421581Q

Inicio

Porto Meloxo, 30, Sanxenxo

PSC-PO-0452/2022-PRE

77013089G

Inicio

Xunqueira, 2, bl. 1, Redondela

PSC-PO-0465/2022-PPM

36060841S

Inicio

Farrapada, 2, P. 6, 1º B, Salvaterra de Miño