Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Soutochao, no concello de Vilardevós (Ourense).

De conformidade co artigo 9 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, sométese ao trámite de información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Soutochao, no concello de Vilardevós (Ourense), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

No prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta no concello, así como na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural, dentro da epígrafe de consultas públicas:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos

Durante este prazo as persoas interesadas poderán realizar as achegas que consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As achegas recibidas serán analizadas polo servizo provincial competente e, se é o caso, incorporadas na redacción final do estudo previo de iniciación.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural