Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, de notificación da resolución que acorda o inicio do procedemento de extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños sito na praia do Con de Drido, lugar do Facho, Cambados (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e ante a posibilidade de existencia de persoas interesadas descoñecidas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a Resolución do 28 de xuño de 2022, da Consellería do Mar, pola que se acorda o inicio do procedemento de extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños titularidade de Marcelina Piñeiro Rey, sito na praia do Con de Drido, lugar do Facho, Cambados (Pontevedra).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa 5 A-4º (Polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Posibles herdeiros descoñecidos de Marcelina Piñeiro Rey

Resolución do 28.6.2022